Convocados cursos gratuítos para a preparación dos certificados de lingua galega (Celga)

Imaxe

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga). Estes cursos, de carácter gratuíto, impartiranse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia entre os meses de marzo e maio de 2014. Cómpre lembrar que nos últimos 3 anos as probas convocáronse para o mes de de xuño, polo que os exames serían ao pouco tempo de acabar o curso.

Tamén é posible preparar as probas oficiais por libre, tendo en conta o programa establecido para o nivel de competencia que se pretenda demostrar. Ademais, na web da Xunta de Galicia están dispoñibles modelos de exame e materiais de axuda para a prepración de cada un dos Celga.

As datas e horarios previstos dos cursos preparatorios pódense consultar no anexo II da convocatoriaO prazo de presentación de solicitudes finaliza o 7 de marzo de 2014.

Anuncios

6 pensamientos en “Convocados cursos gratuítos para a preparación dos certificados de lingua galega (Celga)

  1. Boas!
    Gustaríame saber a qué CELGA corresponde o título “Iniciación e Perferccionamento do galego” que nos daban cando rematabas o instituto.
    Ademais, quería preguntarvos se podo facer o curso que me corresponda dende Tarragona, xa que polo momento vivo aquí.
    Espero a vosa resposta.
    Moitas gracias!

    Susana

    • Ola Susana!
      Ese certificado de perfeccionamento que posúes ten a mesma validez que o Celga 4 a efectos administrativos da Función Pública galega para concursos, oposicións e contratacións laborais. Porén, posuír o certificado de perfeccionamento non implica necesariamente a equivalencia co Celga 4 noutros procedementos. En definitiva, posuír o curso de perfeccionamento non implica ter o Celga 4, non existe esa correspondencia.

      Por outra parte, existe a posibilidade de solicitar a validación polo Celga 4 na secretaría do centro onde realizases os teus estudos, de cumprirse cos requisitos que se especifican na seguinte Orde publicada no DOG do 19 de febreiro (ver punto 4 do anexo I).

      Por último, á marxe da posesión dun título, cómpre sinalar que o nivel de contidos dos Celga é superior ao do sistema anterior, co cal a formación nese sentido supón ampliar e mellorar as competencias lingüísticas en galego.

      Saúdos!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s