Por que facer o curso de “Organización de proxectos de instalacións solares térmicas”?

Do 13 de xullo ao 20 de novembro de 2015 desenvolverase en Compostela o curso AFD  “Organización de proxectos de instalacións solares térmicas” (648 h.), xestionado pola Área de Emprego do Concello de Santiago. O martes 30 de xuño realizouse un primeiro proceso de selección do alumnado e aínda quedan prazas vacantes. Se estás interesado/a acude o antes posible ás oficinas da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago de Compostela (Edificio Cersia, San Lázaro).

É necesario cumprir ALGÚN dos seguintes requisitos de acceso:
– Bacharelato LOE / Bacharelato LOGSE /COU
– Ter superado as competencias clave de nivel 3
– Ter cursado algún certificado de nivel 2 Enerxía e Auga

Para que serve o curso?

A necesidade de aforrar enerxía e garantir o funcionamento adecuado das instalacións, require un esforzo continuado no mantemento e renovación de equipos por outros máis eficientes. Isto conséguese cunha xestión da enerxía adecuada nos edificios e require unha análise do consumo de enerxía do edificio, unha proposta de medidas de aforro e eficiencia, a fixación de obxectivos de aforro, a realización dun mantemento adecuado, etc.solar

Polo tanto, é necesario formar profesionais especializados no deseño de instalacións eficientes de auga quente sanitaria, calefacción e calor de proceso con enerxía solar, tanto para o sector residencial, terciario e o sector industrial, onde hai unha gran falta de profesionais capacitados.

Coa realización deste Certificado de profesionalidade os alumnos estarán capacitados para promover instalacións, desenvolver proxectos e xestionar a montaxe e mantemento de sistemas solares térmicos controlando os resultados obtidos a través da aplicación das técnicas e procedementos necesarios en cada caso, optimizando os recursos humanos e os medios dispoñibles, coa calidade requirida, de conformidade coas normas vixentes e as condicións de seguridade.

Desenvolvendo a súa actividade en pequenas, medianas e grandes empresas, públicas ou privadas, dedicadas a realizar a montaxe, operación e mantemento de sistemas solares térmicos para a produción de quente sanitaria ou para apoiar o calefacción e outros usos da auga. Ocupando os seguintes postos:

  • Promotor/a de instalacións solares.
  • Deseño de instalacións solares térmicas.
  • Responsable da montaxe de instalacións solares térmicas.
  • Responsable do mantemento de instalacións solares térmicas.

A realización deste Certificado de Profesionalidade garante o nivel de coñecemento esixido para obter a licenza profesional de instalacións térmicas de edificios, de acordo co disposto no Real Decreto 1027/2007, de 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE).

O perfil dos alumnos para este Certificado corresponde cun nivel de estudios de bacharelato ou equivalente, ou experiencia profesional relacionada coa montaxe de instalacións térmicas de edificios.

Anuncios

4 pensamientos en “Por que facer o curso de “Organización de proxectos de instalacións solares térmicas”?

  1. Ola me gustaria poder inscribirme en este curso ya que me parec muy interesante ademas me gustaria saber en que horario se va a realizar. Gracias un saludo

  2. Bos días, agradezo que se puxesen en contacto conmigo para poder realizar o curso. Gustaríame saber se no desfrute do curso os alumnos reciben algunha axuda para costear as viaxes, pois no caso de non ser así non podería asistir por non dispor de medios suficientes. Por favor, pòñanse en contacto conmigo vía e-mail ou por teléfono. Moitas gracias de antemán. Reciban un cordial saúdo

    • Bo día Ana,
      As axudas ás persoas participantes aparecen recollidas nesta orde http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/AnuncioCA05-010615-0001_gl.pdf
      En canto ao que preguntas especificamente sobre as axudas para transporte, na orde sinalada recóllense as seguintes:
      – por uso da liña de transporte público urbano: 1,5 € por día de asistencia
      – por uso da liña de transporte público interurbano: 5 € por día de asistencia
      – naqueles casos en que non exista transporte público entre o domicilio e o centro de formación, ou o horario do mesmo dificulte a compatibilización co curso, poderá haber unha axuda por uso de vehículo propio de 0,10 € por km. até un máximo de 20 € diarios.

      Por esta vía non nos consta a túa identidade, mail ou teléfono polo que non podemos contactar contigo doutro modo. Se como comentas desexas participar no curso terías que acudir o antes posible á Axencia Local de Colocación (Edificio Cersia, San Lázaro) e xa che resolvemos tamén calquera dúbida que poidas ter.
      Saúdos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s